VENDIMA

Carrozas e acios teñen premio na Festa da Vendima de Leiro

<p></p>
photo_camera Una escea da Festa da Vendima que se celebra cada ano na localidade de Leiro.

Esta localidade do Ribeiro volverá homenaxear un ano máis aos viticultores o próximo domingo

As rúas e prazas máis céntricas, as beiras do río Avia e a paraxe natural de O Salgueiral da localidade de Leiro serán escenario, o vindeiro domingo, 28 de agosto, da "Festa da Vendima", que xa acada a súa vixésimo sétima edición. Dende primeiras horas da mañá, a organización comezará a recepción de acios para a exposición e o concurso, que terá tres premios de 90, 60 e 30 euros tanto en uvas brancas coma en tintas.

A continuación, a Casa do Concello servirá de punto de encontro de autoridades e personalidades invitadas, antes de desprazarse á praza do Cruceiro para escoitar o pregón, que correrá a cargo de Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Rural.

A partir dese momento, comezará o desfile das carrozas participantes no concurso, nas modalidades de adultos e infantís, e con premios que van dende os 1.000 ós 200 euros, e para o que onte xa estaban inscritas un total de 12 agrupacións veciñais. Cada comparsa de adultos e infantil terá unha axuda económica de 400 e 50 euros pola súa participación, respectivamente, e o xurado primará a idea orixinal e a montaxe das carrozas, á vez que a posta en escea dos veciños que as presentan.

As charangas Achicoria, Xente Moza e Castro Bello encargaranse de amenizar o percorrido pola rúa Gabino Bugallal ata o campo da feira, xunto co grupo de gaitas de Leiro.

Unha vez rematado o desfile, haberá unha visita ó Mercado Artesanal, que xa cumpre 14 anos no seu emprazamento á beira do río Avia e que xa ten confirmados 22 postos. Esta actividade irá seguida do xantar de confraternidade na paraxe do Salgueiral, onde se fará entrega dos premios ós gañadores dos concursos.

Ás seis da tarde, o campo de futbol da localidade acollerá o partido entre os clubes Leiro e Ribeiro, a xeito de presentación do conxunto local ante a súa afección. As agrupacións Coral de Ruada e Val do Avia encargaranse de protagonizar, ás oito da tarde, un festival polifónico na igrexa parroquial de San Pedro.

A xornada terá o seu punto final cunha gran verbena coas actuacións do grupo Pisanlove e a orquestra D'Momento.

Te puede interesar