Castrelo acolle un festival de rap,graffitis e discoteca

A rapeira AID co DJ Bruno González ós pratos, o mozo'Rubén', de Inthecisos Crew, e a grafiteira SAX farán unha exhibición destas disciplinas o vindeiro sábado, 27 de agosto, ás 20,00 horas, no Parque Náutico de Galicia de Castrelo de Miño. O alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez, suliña que dende o Concello apóstase por este tipo de actividades como unha opción máis dentro das distintas mostras culturais que se poden atopar, afastando a imaxe de vandalismo, violencia ou marxinalidade que as veces poden presentar.
Neste sentido, a rapeira viguesa ten un estilo que rexeita a delincuencia e aposta por un contido musical limpo e de valores. Esta actividade enmárcase no programa Camiños de Cultura cofinanciado pola Xunta.

Te puede interesar