FESTA DO ESQUECEMENTO

O Concello subirá a súa aportación ao Esquecemento

foto_esquecemento_result
photo_camera O alcalde, terceiro pola dereita, con persoeiros de festas históricas españolas invitados ao Esquecemento.

O concelleiro de turismo prometeu unha partida económica específica para o ano 2017

Dous días despois do remate da XVI edición da Festa do Esquecemento, o balance, para o concelleiros de cultura, Luis Miguel Gil, é "moi positivo". 

Habida conta de que a poboación da comarca se duplica no verán, por mor dos miles de emigrados que pasan as súas vacacións na terra natal, esta recreación histórica non podía ter mellores datas para se celebrar. "Aínda facendo frío polas noites, as rúas e prazas de Xinzo enchéronse de visitantes", afirma Luis Miguel.

Na maña do domingo, derradeiro día da festa tivo lugar un acto institucional de entrega de agasallos por parte dos membros da directiva de Civitas Limicorum, aos persoaeiros convidadas este ano.

Estiveron presentes o Presidente da Asociación Nacional de Fiestas y Recreaccións Artísticas, Antonio Madrid e a tenente de alcalde do Concello de Lugo, organizadora directa do “Arde Lucus”, Carmen Basadre. "O futuro do turismo pasa pola diferenciación, e esa diferenciación está en festas como esta", afirmou Madrid.

Ante as reiteradas peticións por parte da asociación organizadora dunha maior implicación económica do concello para celebración da festa, o concelleiro de turismo, Carlos Gómez, e o rexedor limián Antonio Pérez, comprometéronse a habilitar unha "partida orzamentaria específica" para a vindeira edición. O titular de turismo chegou a afirmar que espera que a partida "poida chegar, polo menos, ás 5 cifras". 

Na presente edición, o consistorio contribuíu de maneira indirecta aportando recursos técnicos e hospedaxe para os convidados e grupos musicais, que o concelleiro de cultura estima en "algo máis de 5.000 euros". "Ao estarmos reducindo a débeda, podémonos permitir aumentar a aportación do concello, pero aínda non podemos concretar cifras", afirma Luis Miguel que, recoñece, "o fragor destes actos que te poden levar a afirmar e prometer cousas que logo, ao mellor non se poden chegar a cumprir". "O ano próximo imos a darlle un pulo importante, pero temos que ter tamén en conta o Entroido e outras moitas festas", conclúe o concelleiro limián.

Te puede interesar