FESTA GASTRONÓMICA

A degustación de codornices triunfa nas festas de Cortiñas

Castrelo. 15-08-2016.Festa da Codorniz. Paz
photo_camera Un dos asadores, a pleno rendemento para preparar as codornices.

Esta parroquia de Castrelo honra hoxe ó San Roque coa tradicional procesión polo río Miño

As xornadas gastronómicas teñen a súa continuidade no municipio de Castrelo de Miño neste mes de agosto. Tra-las festas adicadas á anguía e ó xarrete nas parroquias de Barral e Macendo, os visitantes aínda teñen hoxe a oportunidade de achegarse ata Cortiñas para degustar unhas exquisitas codornices preparadas na "braseira", dentro da celebración que se vén desenvolvendo nesta localidade dende o pasado domingo Por tan só seis euros, unha ración composta por dúas pezas grandes e un bó anaco de pan.

A organización ten unha previsión de servir un total de 4.000 codornices nesta festa que neste 16 de agosto coincide coa romaría do San Roque. Así, a banda de música La Lira de Ribadavia será a encargada do pasarrúas a primeiras horas da mañá, para ó mediodía acompañar a tradicional procesión do santo polas augas do encoro do río Miño. A continuación, oficiarase unha misa solemne na explanada do Club Náutico de Castrelo, seguida dun concerto da agrupación musical ribadaviense.

Ó fío das oito da tarde, os cociñeiros voltarán a acender as braseiras  para atender a demanda de codornices e de empanada por parte de veciños e foráneos. Unha hora máis tarde, comezará a gran verbena que pon o punto final ás celebracións, coas actuacións da orquestra Arabia e a banda de música La Lira. 

Te puede interesar