Coñece Ourense

Dende terras de Verea a Entrimo

Verea é terra de paso de peregrinos cara a Santiago aproveitando a antiga calzada coñecida como “Ruta do Camiño Portugués”.

Dende Celanova a Verea

Verea é terra de paso de peregrinos cara a Santiago aproveitando a antiga calzada coñecida como “Ruta do Camiño Portugués”.  A súa igrexa parroquial, baixo a advocación de Santiago, é barroca, datada no século XVIII

Dende Verea a Bande

santa_comba_bande_result_resultDespois de facer unha parada obrigada no Alto do Vieiro para saciar a sede na curiosa fonte-árbol existente no lugar, de seguido aparece Bande. A igrexa parroquial de San Pedro dátase entre os séculos XVII e XVIII. Os pobos de Maus, Lobosandaus e Baños, entre outros, son lugares que posúen interesantes mostras da arquitectura popular así como curiosas capelas. En Porto Quintela consérvanse os restos do campamento romano “Aquis Querquenis” que era o centro de vixilancia da “Vía Bracarense.” A igrexa visigótica de Santa Comba, datada no século VI, foi declarada Monumento Nacional no ano 1931, sendo un dos poucos monumentos visigóticos existentes en España. A igrexa ten forma de cruz grega con ábside pouco prolongado.

Dende Bande a Lobios

Fondevila ten como sede a municipalidade do concello. A igrexa de San Miguel é barroca do século XVIII. É particularmente atraínte a súa torre que é a súa vez constitúe a base do pórtico de entrada ó templo. A localidade de Ríocaldo é coñecida polas augas termais que brotan á beira do río sendo utilizadas dende o tempo dos romanos como o testemuña a presencia de achados arqueolóxicos atopados preto do moderno balneario. O templo barroco de Santa María a Ponte Nova, de Vilameá, trazada no camiño de Lobios a Portela de Home, son motivos suficientes para continuar a viaxe cara o Parque do Xurés. O Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés, conxuntamente co veciño Parque Nacional portugués “Peneda Gerês, constitúe unha importante reserva medioambiental que conserva unha riqueza etnográfica digna de ser admirada polo visitante de parque transfronterizo único en Europa

Dende Lobios a Entrimo

Este concello fronteirizo con Portugal posúe importantes monumentos como a propia parroquia de Santa María A Real, situada na Terrachá, un templo churrigueresco rematado no ano 1739. Resulta particularmente interesante a súa fachada decorada con once pares de columnas salomónicas adornadas con fornécelas, imaxes e escudos nobiliarios. Unha grande torre barroca, de 25 metros de altura, acompaña ó templo. No que se refire á arquitectura civil destaca a Casa Represa, no lugar de Casal de Alén.

Te puede interesar