O teatro comezou na rúa, e son moitas as compañías que seguen coa tradición na actualidade

Un espazo raro para a escea

Oteatro non é máis ca unha representación da vida mesma. Por iso, rúas e prazas son escenarios perfectos para que os cidadáns se sintan identificados con personaxes que habitan o seu mesmo espazo. Por elo, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia sempre reserva unhas seccións exclusivas para aquelas compañías que manteñen a tradición: Tascabile de Bergamo, de Italia; PIA e Circolando, de Portugal; Badulake e Atanasia, de México; Comunidad, de Colombia, ou Gestual, de Chile.
os profesionais que escollen a Praza Maior, a Alameda, as rúas do casco vello da vila, e os campos da festa das parroquias do rural do municipio para ofrecer os seus espectáculos, e que se alonxan das montaxes escénicas con andamios, miles de vatios de luz e son e un control informático. Así, os apartados chamados Ruadavia e SputMIT convértense en referentes actuais do que é o teatro máis achegado ó pobo. Do mesmo xeito que os trovadores ou os cegos medievais nas feiras e romarías de séculos pasados.

Te puede interesar