Eubensei

Eubensei. (Foto: Xoán Baltar)
Pedro tiña verdadeira obsesión polo silencio que non atopaba, e iso que o buscaba todos os días. Na tardiña subía con présa e esperanza o camiño estreito entre as vides.
Pedro Longo andaba obsesionado co silencio que nunca atopaba, e o buscaba case todos os días baixo as pedras da cova onde gardaba o viño da colleita anual, aló no outeiro.

Na súa casa de Rabal, na pendente, á beira da desembocadura do río, non había un mísero recuncho sequera onde poder atopalo, pois todo estaba ocupado polos recordos do pasado, e o vento, a auga do río golpeando as revoltas inútiles, o canto dos grilos, o cacarexo das galiñas, ou o ladrido do seu can Vila, non permitían que o silencio ocupara asento naquelas estancias...

Por iso cando viña a tardiña subía con certa présa e esperanza o camiño estreito entre as vides e as hortas para achegarse ó curuto onde aniñaba o seu penedo co chilote do viño. Puxéralle unha porta de madeira de carballo, ancha, cunha daquelas antigas pechaduras de ferro pesado, que cando se abría renxía ata a alma da montaña.

Mais unha vez que estaba dentro da cova, que tiña como uns cinco metros de longo, non había nada agás o frío que sentía no pel, e o silencio do corazón do outeiro...

E Pedro sentábase na cadeira vella, e escoitaba os seus propios latexos, que eran o único que non o asustaba dentro daquel sosego...

Te puede interesar