EVENTO GASTRONÓMICO

A exaltación do Pan de Cea, unha cita clásica do fin de semana

Será o domingo o día grande, pero xa o sábado terá lugar a VI Ruta dos Fornos, un percorrido gastronómico amenizada por varios grupos folclóricos

A fin de semana arranca con varias citas de interese festivo, con acento gastronómico algunhas e respondendo a tradición as outras. Un dos pratos fortes será a 28ª edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea facendo protagonista ao único pan con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Será o domingo o día grande, pero xa o sábado terá lugar a VI Ruta dos Fornos, un percorrido gastronómico amenizada por varios grupos folclóricos. Xa no domingo, entre outras actividades, haberá pasarrúas de charangas previo á recepción, no mediodía, as autoridades convidadas no campo da Saleta, e á lectura do pregón da festa a cargo do cantante Dani Ríos. A degustación de produtos galegos con distintivo de calidade e actuacións das charangas Castro Bello e Troula Group virá a continuación. O xantar será ás 14,30 horas cun menú a base de produtos galegos e pan de Cea, mentres a partir das 17,00 horas volverá a música  a ser a protagonista coas charangas Terra de Trives, Os Charaviscas e Pepe Vaamonde Trío.

A presentación dos actos tivo lugar estes días na Deputación. O alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares agradeceu que desde o ano 1992, cando se decidiu crear esta festa, a Deputación de Ourense "apoie incondicionalmente esta celebración e aos verdadeiros artífices desta festa que son os panadeiros". 

Te puede interesar