La Región

EVENTO GASTRONÓMICO

A Festa da Codorniz á brasa de Cortiñas cumple 17 anos

Unha cita que se repetirá tanto hoxe, día 15, como mañá, 16 de agosto, na explanada do Parque Náutico de Castrelo, dende as 20,00 horas.

Uno de los cocineros prepara con mimo las codornices a la brasa (MARTIÑO PINAL).
Uno de los cocineros prepara con mimo las codornices a la brasa (MARTIÑO PINAL).
A Festa da Codorniz á brasa de Cortiñas cumple 17 anos

A localidade de Cortiñas, en Castrelo de Miño, iniciou onte as súas festas na honra da Virxe da Asunción e do San Roque, que teñen a súa compoñente gastronómica coa celebración da Festa da Codorniz á brasa, que este ano acada a súa 17ª edición. Así, dende as oito da tarde de onte, os veciños de Cortiñas acenderon os braseiros para preparar as exquisitas aves, tanto de xeito unitario como en empanada, que os primeiros asistentes  xa tiveron a oportunidade de degustar.

Unha cita que se repetirá tanto hoxe, día 15, como mañá, 16 de agosto, na explanada do Parque Náutico de Castrelo, dende as 20,00 horas.

As 12,30 horas de hoxe está prevista a primeira procesión coas imaxes da Virxe da Asunción e o San Roque, co acompañamento dunha charanga. O programa inclúe mañá un pasarrúas amenizado por unha charanga, e ás 12,00 partirá dende o peirao de Castrelo a comitiva da tradicional procesión do patrón San Roque e da Virxe en catamarán polo encoro do río Miño, que irá seguida do oficio dunha misa solemne na mesma explanada do Parque Náutico.