FESTA DA ISTORIA

A Festa da Istoria contará este ano coa súa cervexa artesán exclusiva

<p></p>
photo_camera Un baile medieval durante unha edición anterior da Festa da Istoria.

Os asistentes a este evento medieval de Ribadavia terán á súa disposición un total de 1.500 litros para a súa degustación

Os organizadores da Festa da Istoria, que se celebrará o vindeiro sábado en Ribadavia, apostaron por introducir un elemento atractivo cara as persoas interesadas en participar neste evento. Concretamente, trátase dunha cervexa elaborada cunha receita exclusiva e de xeito artesán, que se chamará "Cervexa da Istoria", e que vén complementar a distribución do xa coñecido "Viño da Istoria".

Este estilo de cervexa coñécese como Biére de Garde, unha variedade Ale rural artesá orixinaria do norte de Francia. Como o seu propio nome indica e unha “cervexa para almacenar” que se acostumaba a elaborar nos principios da primavera e que se gardaba nas adegas ata o verán.

Lixeira no padal, cun agradable gosto doce a malta e un moderado grao alcohólico (6,5% en volume), esta cervexa armoniza os sabores e aromas do lúpulo e da malta, sen que ningún destaque priorizando o conxunto. Ten unha sutil presenza citríca debido ás catro variedades diferentes de lúpulo empregadas, e que proceden de Nova Zelanda, América e Alemaña.

O mellor xeito de degustala é servila ben fría nun vaso ou copa "tirándoa" dende catro ou cinco centímetros de altura, para favorecer así a formación dunha capa de espuma fina e cremosa. Como é unha cervexa artesá a gasificación e froito dunha segunda fermentación en botella polo que conten posos, polo que se recomenda parar de servila antes de que caian os posos deixandoos deste xeito na botella.

A organización da Festa da Historia recibirá este mércores un total de 1.500 litros, tanto de cervexas embotelladas como en barriles, e que se poñerán a disposición do público que asista ó evento. Ademais, a cooperativa Viña Costeira tamén entregará 5.000 litros do "Viño da Istoria", en botellas de branco e tinto da Denominación de Orixe Ribeiro.

Por outra banda, a comisión organizadora do festexo medieval anunciou que un grupo de ximnastas do Club Pavillón de Ourense acompañáran o Desfile da Istoria cunha exhibición de exercicios con malabares que levan entrenando ó longo deste ano. Outra novidade que se introduce no desfile é a colaboración da asociación de veciños Valparaíso, da parroquia ribadaviense de Francelos, que vai participar cun grupo de aproximadamente 40 persoas, representando un cadro de campesiñado medieval, onde se mostraran os traballos que se levaban a cabo no campo nos séculos XIV e XV.

Te puede interesar