FESTA DA ISTORIA

A Festa da Istoria premiará nesta edición ó mellor traxe

A recreación do pasado medieval contén novidades entre o luns 21 e o sábado 26 de agosto

Ribadavia voltará a converterse na vila que foi na Idade Media coa celebración dunha nova edición da Festa da Istoria, o venres 25 e o sábado 26 do presente mes de agosto. A organización introduciu no programa algunhas novidades, entre as que destaca "O castelo cobra vida", no que os visitantes poderán asistir, con entrada libre, a unha recreación histórica na fortaleza dos Sarmiento, tanto o venres 25 coma o sábado 26, tendo en conta que nesta última xornada só podrán acceder persoas vestidas de época.

Na medianoite do venres tamén está previsto un espectáculo de música, teatro e danza na fachada do castelo, "Keltia o musical", que conta a historia do nacemento

da cultura atlántica en terras galegas, mentres á última hora da tarde, e no mesmo espazo, o grupo "1500", unha formación vocal e instrumental adicada á interpretación da música antiga que dirixe Andrés Díaz, interpretará varias pezas xunto co Coro da Istoria e os Clarinetes da Lira.

Outra novidade é a primeira edición do Certame de Vestimenta Medieval, que se desenvolverá no castelo, previa inscripción na oficina de información da Historia, e que premiará ós mellores traxes; así como a presenza, como invitadas para o Baile Medieval, das Damas do Passo Honroso, da localidade leonesa de Hospital de Órbigo.

Pero tamén se contemplan actividades para os máis cativos nos días previos ó festexo, concretamente dende o luns 21 ata o mércores 23 de agosto, en horario de 20,00 a 21,30 horas, na praza da Alameda, coa colaboración do centro de estudio Bolboretas. Xa o venres día 25 organizarase no mesmo lugar, dende as 11,30, o terceiro certame infantil e xuvenil de pintura rápida, e de 17,00 a 20,30 horas, Xogos para Nenos.

Na xornada do sábado 26, e en diferentes horarios, haberá actividades infantís no campamento da Alameda e unha actuación  dos Gastrafetes. Finalmente, o concerto que porá remate a Festa da Istoria correrá a cargo do Grupo Tiruleque do Carballiño na medianoite do sábado.

Te puede interesar