La Región

VERANO

O festival celtibérico de bandas regresa a Manzaneda e Trives

O vicepresidente do goberno provincial salientou a traxectoria deste evento cultural que contribúe "a transmitir os valores culturais da nosa terra a través dun dos nosos instrumentos máis senlleiros como é a cornamusa"
A presentación celebrouse no Marcos Valcárcel.
A presentación celebrouse no Marcos Valcárcel.
O festival celtibérico de bandas regresa a Manzaneda e Trives

 O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas chega a súa décima edición cun programa cultural a celebrar os días 27 e 28 de xullo en Manzaneda e Pobra de Trives. A presentación deste evento cultural tivo lugar no centro cultural Marcos Valcárcel, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; os alcaldes de Manzaneda e Pobra de Trives, Amable Fernández e Patricia Domínguez; e o director de Oca Manzaneda, Gustavo Samartín. 

O programa comezará na Pobra de Trives o sábado, 27 de xullo, ás 12.30 horas, coa mostra de Bandas de Gaitas, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, Os trinta de Trives e a Real Xuvenil. Ás 18.00 horas, a Igrexa de Manzaneda, acollerá o II Serán da Seitura, en memoria de Ludivina Pérez Ricoi, no que se presentará o “Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives”. Ás 20.00 horas, na praza do Concello da Pobra de Trives, terá lugar un concerto a cargo da agrupación Os trinta de Trives e, o peche da xornada realizarase na Estación de Montaña, a partir das 22.30 horas, coa Noite Celta, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, o plantel de xuíces do Certame, a Real Xuvenil, e as Cantareiras da Real Banda.