VERÁN

O Festival de Títeres acolleu a obra "Un diaño na maleta"

photo_camera Os cativos desfrutaron co espectáculo de títeres a cargo da compañía Cascanueces.

A compañía Cascanueces deleitou aos máis cativos no Carballiño

A compañía Títeres Cascanueces foi a encargada de animar na tarde de onte, martes, aos máis cativos do Carballiño, coa su participación na segunda xornada do VIII Festival de Títeres que se celebra na vila coincidindo con estas datas do verán. A representación tivo lugar na praza dos Irmáns Prieto, poñendo en escea a obra "Un diaño na maleta", que fixo as delicias dos máis pequenos.

O Festival de Títeres abriuse o pasado luns, coa intervención da compañía Os Quinquilláns, que puxeron en escena na Praza Maior a obra "Por que é salgada a auga do mar?". Para hoxe, mércores, está prevista a participación no Festival da compañía Títeres Tanxarina. Pola mañá, a partir das 12,00 horas e baixo o título "Fai un títere", a compañía dirigirá un obradoiro no que animará aos pequenos a facer a súa marioneta. Xa pola tarde, a partir das 19,30 horas, presentará o espectáculo "Titiricircus". Estas actividades desenvolveranse na praza Irmáns Prieto e en caso de que faga mal tempo, trasladaranse ao Auditorio Municipal do Carballiño.

O Festival continuará mañá xoves, día 18, no que a compañía Teatro de Marionetas Trécola, escenificará a obra "The Piccole Theatro" e o día seguinte, venres, ás 11,30 horas, dirixirá o obradoiro "Fai un títere", dirixido a todos os cativos que queiran participar.

Te puede interesar