food trucks

Fin de semana con xantar sobre rodas no Carballiño

img_20170831_114012_result
photo_camera Os concelleiros Diego Fernández e Manuel Dacal no centro, flanqueados polos promotores do evento.

Hamburguesas, xeados, bocadillos, ensaladas e bebidas integrarán o menú, alternando con actuacións musicais e obradoiros infantís

A praza da Veracruz acolle durante esta fin de semana a primeira edición do "Carballiño Street Food", un evento gastronómico que recolle a moda dos "food trucks" ou "cociña sobre rodas" para todos os públicos. Os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, presentaron "como un aliciente máis para visitar a nosa vila" esta iniciativa, na que participarán ata o domingo un total de oito caravanas de comida.

Hamburguesas premium, xeados artesáns, bocadillos gourmet, ensaladas orixinais, tapas diferentes, viños de autor, cervexas especiais, sesión vermú e outras propostas gastronómicas alternaranse coa animación de grupos de música en vivo e obradoiros infantís. A apertura terá lugar hoxe, venres, pola tarde, ás 19,00 horas; o sábado 2 e o domingo 3, os horarios serán de 12,00 a 16,00 e de 19,00 ata a medianoite.

Hoxe actuarán The Tetas Van ás 21,30; o sábado 2, tamén ás 21,30, En Mala Hora, e o domingo, en dobre sesión, ás 13,30 e 20,00 horas, o dúo Soul&Roll. Todos os concertos, así como a animación de DJs e as actividades infantís do sábado e do domingo terán lugar no escenario do auditorio da Praza da Veracruz. 

Te puede interesar