Os grupos de China e India achegan o seu colorido e riqueza cultural á provincia ourensá

A fronteira cultural do Himalaia

Bailaríns indios.
Doce países e non máis que oito días para presentalos. É por isto que nalgún capítulo desta serie dous grupos terán que compartir páxina. O criterio de escolla daqueles que irán acompañados non é polo pequeno tamaño do seu territorio -o caso de hoxe demóstrao ben-, senón en ocasións pola súa proximidade, por pertenza ó mesmo país ou por contraste extremo do seu folclore. China e India son dous países cercanos na distancia gracias a compartir fronteira, pero realmente variados en cultura.
Prácticamente un terzo da poboación mundial está representada este ano na nova edición das Xornadas de Folclore por dúas das agrupaciós presentes, as que chegaron a Ourense desde China e India. A pesar de estaren separados os países tan só pola cordilleira máis alta do mundo, a vasta extensión de ámbolos dous fai que presenten culturas e folclores realmente moi distintos.

Por unha banda, dende o suroeste chino, a compañía folclórica de Guizhou, a única de carácter profesional de Qianxinan, trouxo a Ourense os bailes das etnias máis numerosas do país: Miao e Quian. Marcharon hoxe a primeira hora da mañá, pero as súas actuacións deixaron unha boa mostra chinesa en localidades ourensás como Manzaneda, Maceda e Celanova.

A zona máis forte, falando en termos económicos, da India, a provincia do Gujarat, é pola súa parte o punto de partida do grupo Shilpagya. O poder financieiro da zona débese sobre todo á lonxitude da súa costa; non polo turismo, senón por ser un importante porto de entreda e saída de mercancías .

Aínda que recoñecen que o Penjabi e o Gujarati son as danzas indias máis coñecidas no resto do mundo, eles investigan e executan bailes e músicas relixiosas e populares de toda a India. Un país tan rico en cultura e no que a xente aínda cre no valor e a riqueza do folclore.

Durante o que resta da súa estadía en Ourense, Shilpagya visitarán as vilas de O Barco de Valdeorras, Ribadavia, A Rúa, Trives, Castro Caldelas, Monforte, para finalmente dar remate ás Xornadas de Folclore co resto dos grupos na cidade ourensá.

Vermello e amarelo, as cores principais

O que máis lle pode chamar a atención ó público quizais sexan as roupas dos compoñentes, preferentemente en vermello cor de boa sorteou amarelo símbolo de poder-. O goberno chino é o encargado de financiar ó grupo de Guizhou, provincia que exporta ó mundo un recoñecido viño.

Roupas tradicionais e contemporáneas


A financiación de Shilpagya é personal, posto que cada membro paga o seu. Probablemente de aí veña o especial coidado que teñen coas roupas; roupas completamente tradicionais e contemporáneas que algunha xente aínda utiliza nas vilas máis pequenas.

PROGRAMACIÓN

Entrimo: O festival comeza as 20.30 horas na Alameda. Interveñen os grupos de Arxentina, Armenia, Taiwán e Rumanía.

Ribadavia: No auditorio do Castelo celébranse as ‘Xornadas de Folclore’ dende as 23 horas. Os grupos invitados son India, República de Mari El, Daguestán e México.

Te puede interesar