Habaneras e Músicas de Sofá para tódolos públicos, en O Carballiño

<p></p>
photo_camera Momento da actuación da Rondalla Alfaia de Cenlle.

O Auditorio acolleu a actuación de dúas corais e dúas rondallas, e as rúas foron escenario para distintos estilos musicais

O Auditorio do Carballiño acolleu onte o XXIV Festival de Habaneras organizado polo Orfeón do Carballiño. Numerosos espectadores acudiron a esta cita musical, que contou coa actuación de dúas corais e dúas rondallas. Nesta edición, o Orfeón do Carballiño, que tamén interpretou varias habaneras, elexiu como compañeiros de cartel á coral Oihartzuna de Vizcaya e as rondallas Bohemios de Ferrol e Alfaia de Cenlle. A organización tamén aproveita o festival para recoñecer cada ano o traballo dalgunha persoa que destaca pola difusión da cultura galega, e que neste caso foi Ernesto Lagarón Vidal, presidente da Unión de Asociacións Galegas en Cataluña.

Pero as habaneras non foi o único estilo de música que ofreceu onte o Carballiño, porque a Asociación dos Serandeiros e o Concello continuaron coas Músicas de Sofá, que se puña en marcha o pasado venres. Así, onte actuaron en distintas rúas do centro o grupo Andoa, (Vigo); Iago Fernández Quartet (Galiza-Portugal); High Paw&Elephants Yard (Vigo) e ChicoTralla (Carballiño).

Te puede interesar