evento

Leiro promociona a riqueza vitícola na Feira da Vendima

Ramón Álvarez, Francisco José Fernández, Rosendo Fernández y Juan Manuel Casares (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera Ramón Álvarez, Francisco José Fernández, Rosendo Fernández y Juan Manuel Casares (XESÚS FARIÑAS).
O progrma inclúe os tradicionais concursos de acios e de carrozas e unha mostra de adegas

A Festa da Vendima de Leiro cumpre 30 edicións como escaparate do viño do Ribeiro, produto esencial na economía da comarca e particularmente do municipio de Leiro. A presentación desta tradicional celebración tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou  o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o concelleiro de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez; e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares. A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que “transcende o aspecto puramente festivo para converterse nunha canle de divulgación e promoción económica dos recursos endóxenos do municipio de Leiro”, dixo Rosendo Fernández. O alcalde de Leiro, quen agradeceu o apoio da Deputación, lembrou que se trata dunha “festa de homenaxe á xente que vive por e para o viño” e explicou que a aposta do Concello con esta celebración ten como obxectivo “revitalizar o noso produto estrela e auténtico motor do municipio: o viño”. Neste mesmo sentido, Juan Manuel Casares felicitou ao municipio de Leiro por ser capaz de “innovar e manter a identidade do municipio” nesta celebración que “naceu no ano 1963 e que, polo tanto, é un ano máis antiga ca propia Feira do Viño do Ribeiro”.

A programación da festa comezará, segundo explicou Ramón Álvarez, o sábado 24 coas atraccións infantís ás 17,00 horas e, posteriormente, a partir das 22,30 celebrarase o “Vendima Rock” no Salgueiral. O domingo 25, será a recepción de acios a concurso ás 10,00 horas, e, hora e media máis tarde, a benvida ás autoridades e convidados para continuar ás 12,00 horas co pregón, ó que dará lectura Mariano Rajoy. Ás 12,30 horas terá lugar o tradicional desfile de carrozas e charangas dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira, así como a 3ª edición da Mostra de Coches clásicos, a feira artesanal e a mostra de viños. Ás 14,30 horas comezará o xantar popular no Salgueiral.

Te puede interesar