Maside programa actos culturais no San Vitorio

Concerto de Brais das Hortas, na Alameda de Maside.
photo_camera Concerto de Brais das Hortas, na Alameda de Maside.

A localidade de Maside celebra neste mes de agosto as súas festas na honra do San Vitorio cun amplo programa de actividades culturais e recreativas que deron comenzo o pasado sábado, cun concerto de corais na iglesia parroquial, e continuaron o domingo coa actuación musical, na Alameda, de Brais das Hortas e o seu espectáculo “Concertasso na horta”.

A programación reanudouse onte na Praza Maior coa proxección da película “Live is life”, incluída no Circuito provincial de cine de verán da Deputación. No mesmo emprazamento, hoxe ofreceráse o filme “Valentine”, ás 10 da noite, mentres o mércores e o xoves, respectivamente, proxectaránse “A todo tren, destino Asturias” e “Bella e o circo máxico”, tamén á mesma hora.

Para o venres día 26 está prevista, dende as 7 da tarde, un pasarrúas da charanga Castro Bello, que percorrerá cos seus ritmos o casco urbán de Maside, como animación previa da “Noite de música e troula” que se desenvolverá dende a medianoite a cargo de A Banda de Balbina.

Na xornada grande do patrón, o sábado 27, a banda de música de Boborás ofrecerá un pasarrúas pola mañá, antes da misa solemne e procesión do San Vitorio que comezarán dende o mediodía. Ás 6 da tarde abriráse na Alameda a “IX Feira de Artesanía Infantil” e, no campo de fútbol de Outeiro Grande, os equipos Maside e Arenteiro B xogarán un partido. Ás 10 da noite iniciarase a verbena coas orquestras Atenas e Charleston Big Band, antes da sesión pirotécnica, prevista para as 00,00 h. O domingo 29, a banda de Ramirás fará o pasarrúas, mentres a verbena da noite corresponderá ás orquestras Alkar e Gran Parada, antes da tirada de fogos de artificio.

Te puede interesar