Os colectivos empresariais e culturais da vila consideran que o festival de teatro é 'un oasis dentro da crise económica'

A MIT, un revulsivo para Ribadavia

O Castelo dos Sarmiento, engalanado para a MIT
Un festival de teatro de categoría internacional chama moito a atención. Afecionados da provincia, do resto de Galicia, do Estado e do extranxeiro reservan unha semana no seu periodo de lecer vacacional para acudir a Ribadavia. E iso nótase. Nas rúas e prazas, nas terrazas de hostelería e nos aloxamentos: é un ambiente diferente.
sé Luis Sánchez, presidente de Establecementos Asociados, que agrupa ós empresarios, hosteleiros e comerciantes da vila, sinala que 'hai un antes e un despois da Mostra Internacional de Teatro, xa que son centos de persoas as que enchen bares, cafeterías e pubs, e que gastan os seus cartos dentro das súas posibilidades'. Óscar Canitrot, do grupo ecoloxista Coto do Frade, considera que 'a MIT é un punto de referencia para os ribadavienses, ó igual ca Festa da Istoria, e cecais habería que incrementar este tipo de actividades ó longo do ano'.

Da mesma opinión é Fernando Fernández, da asociación cultural Activa.T, 'xa que cecais hai programacións puntuais que atraen a moita xente, como é o caso da Mostra, pero bótanse en falta outro tipo de iniciativas do tipo Arteficial que organizamos nós, ó longo do ano'. Juan Antonio Bande, presidente da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico, asegura que 'Ribadavia sempre foi, é e será cultura, e calquera manifestación dela é para os veciños un oasis dentro da crise económica que estamos a sufrir, xa que beneficia a tódolos sectores'.


PROMOCIÓN

Unha organización, a da MIT, que leva a Xosé Ramón Estévez, responsable do Centro de Estudios Medievais, a reflexionar 'encol dos recursos humáns e patrimoniais que temos neste pobo, e que cecais non están o suficientemente explotados a nivel de promoción turística, coma son o Castelo dos Sarmiento e o casco histórico, onde continuamos coa sinagoga xudea pechada'. Os propietarios de mesóns e restaurantes de Ribadavia consultados valoraron, en conxunto, que a MIT, do mesmo xeito que a 'Feira do Viño', que se celebra a primeira fin de semana de xullo, ou a 'Festa da Istoria', no derradeiro sábado de agosto, 'son eventos que deberían ter unha meirande publicidade por parte de autoridades e promotores, xa que representan un importante volume de negocio'.

Te puede interesar