TEATRO

A Mostra xa colgou o cartel de completo nas prazas de hotel

ourense 17-7-2017, plaza mayor ribadavia, mit
photo_camera Aspecto do ambiente que presentaban onte as terrazas da Praza Maior de Ribadavia.

É, xunto ca Feira do Viño e a Festa da Istoria, a actividade que atrae a máis visitantes ata Ribadavia

 Un paseo polas rúas e prazas de Ribadavia durante esta semana dá unha idea moi aproximada do que a Mostra Internacional de Teatro (MIT) representa para os establecementos hosteleiros e comerciais da vila. O elevado número de persoas que transitan polo casco histórico indica o efecto chamada que representa un evento destas características, e a súa repercusión positiva a nivel de ingresos para os negocios locales.

Tanto é así, que as aproximadamente 70 prazas hoteleiras que se ofertan nos cinco hoteis, hostais e apartamentos rurais do municipio están cubertas ó cen por cen, e das que unha pequena parte tamén reserva a organización do festival para os integrantes das compañías que participan no mesmo. "Sen dúbida, a Mostra é unha das actividades que máis atraen en Ribadavia, xunto coa Feira do Viño e a Festa da Istoria, e iso nótase no ambiente diario", subliña María López Touza, concelleira de Cultura e Turismo.

Un ambiente que ten o seu auxe coincidindo coas representacións teatrais ó  aire libre, a última hora da tarde, e nas horas previas e posteriores á función das 11 da noite, nas que se promoven tertulias. "Nós estamos a tope, tanto servindo consumicións, xantar e cenas, coma nas habitacións", comenta José Luis González, propietario dun restaurante con hostal ubicado na Praza Maior. Añade que  "os clientes falan moito da excelente calidade das obras que se ofrecen na Mostra, cun programa de moito nivel".  A degustación de viño do Ribeiro e os desprazamentos á coñecer adegas acollidas á Denominación de Orixe son as actividades preferidas polos asistentes á MIT. 

Unha cantidad de visitantes que vén a sumarse ós rexistrados pola oficina municipal de Turismo en xullo, mes no que en 2016 se contabilizaron 2.600 consultas,  do total de 204.000 turistas que pasaron por este departamento entre xaneiro e decembro.

Te puede interesar