ENTROI

Os nenos inician o Entroido de Verán do Carballiño

uploaded_entroido_result
photo_camera Teresa Vázquez, Diego Fernández e José M. Labandeira.

O Entroido de Verán de Carballiño arrancará hoxe mesmo, coa participación de preto de trescentos rapaces, que realizarán obradoiros de máscaras e outras actividades, animadas por o DJ Tibu.

O Entroido de Verán de Carballiño arrancará hoxe mesmo, coa participación de preto de trescentos rapaces, que realizarán obradoiros de máscaras e outras actividades, animadas por o DJ Tibu. Os cativos estarán na Praza Maior dende as 10,00 ata as 13,30 horas.

Para mañá quedará o desfile do Entroido de Verán, que glutinará a preto de cincocentas persoas, inscritas nunha ducia de murgas e comparsas. O evento festivo comezará pola tarde, ás 20,00 horas na Praza da Veracruz e rematará na Praza Maior, despois de percorrer unha ducia de rúas da vila carballiñesa.

Neste desfile participarán Os Liborianos, a Asociación Cultural O Castro de San Amaro, a Asociación Veciñal da Parroquia de Freixo, a Asociación Cultural Os Arrieiriños, Lumareda, Club Deportivo Pedriña By Paraño, a Anpa da Uceira, Aspadisi, Asociación Sta. Águeda de Maside, Asociación de Veciños As Neves de Grixoa, Castro Vello e Os Solfamidas de Campolameiro, Pontevedra. 

Repetir éxito

O entroido foi presentado onte polo  concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e dous representantes do sector da hostalería, Teresa Vázquez e José Manuel Labandeira, que destacaron "o éxito do ano pasado" que esperan repetir nesta segunda edición.

Te puede interesar