O CARBALLIÑO

As noites teatrais voltarán en setembro a Carballiño

Estrearase "Arenteo", unha montaxe de Carlos Blanco e Celso Fernández

Carballiño converterase dende o 8 e ata o 11 de setembro na capital do teatro galego cunha programación pensada para tódolos públicos. Con esta edición, o Festival de Teatro Galego (Fetega) cumpre 26 anos e para cerebralo acollerá o estreo mundial de "Arenteo", o novo espectáculo dos actores Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín. Polo Festival tamén pasarán compañías Ibuprofeno Teatro, que traerá a Carballiño ‘O Furancho’, que será interpretada porIsabel Risco e Marián Bañobre o 10 de setembro no auditorio da localidade. 


O mesmo ocurrirá con Mofa e Befa, que dirixidos polo mestre Quico Cadaval, subiranse ás táboas co seu ‘Bobas&Galegas’. Outra das actuación máis esperada será a da Compañía Floristería e Artesa Cía con ‘Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos’, unha montaxe sobre a desigualdade de xénero. As representacións serán pola noite e cada entrada terá un custo de 8 euros, aínda que hai promocións. 


Nesta edición, Fetega dedicou parte do seu programa aos nenos, que poderán disfrutar cós contos de Raquel Queizás e cá maxia dos Magos do Ribeiro. Asimesmo, haberá postos de artesanía e obradoiros na Praza do Concello.

Te puede interesar