Patrimonio da Humanidade en perigo

A construcción dunha pequena central hidroeléctrica mailo proxecto doutras catro máis ameaza seriamente a proposta de acadar para a Ribeira Sacra o honroso título de Patrimonio da Humanidade.
As obras que está a realizar a compañía vasca Iberdrola no río Sil, en pleno corazón dun espacio protexido, non axudan a afianzar a candidatura e dende logo non consolidan a proposta do recoñecemento perseguido.

Dende diferentes colectivos sociais, políticos, económicos, naturais e ecoloxistas se está a dar a alarma ante este grave atentado contra un dos espacios naturais europeos máis grandiosos e sorprendentes, salpicado de abundantes mosteiros e igrexas, cativas ermidas, retos arqueolóxicos, castelos, pazos, ademáis de típicas construccións populares, sen esquecer tanto a impresionante flora e fauna existente na zona.

Segundo a autorizada opinión do representante do ‘Consejo Internacional de Monumentos y Sitios’ unha ou varias centrais hidroeléctricas, por pequenas que sexan, tanto que se atope en superficie ou baixo terra, situadas nun espacio protexido singular, equivale a un atentado contra o espíritu do lugar e suporá ao longo do tempo un grave atranco para a catalogación deste imporanet espacio natural e arquitectónico.

Por outra banda, a empresa hidroeléctrica asegura que ningun ha das actuacións, tanto presentes como futuras na zona, perxudica ao medio ambiente. Se trata básicamente de aproveitar ao máximo os recursos excedentes das centrais construídas entre os anos 40 e 50.

Dúas son as alternativas no presente conflicto: dunha o desenvolvemento da explotación hidroeléctrica, que suporá unha importante fonte de ingresos para os concellos afectados polos encoros; doutra o prexuízo medioambiental e económico ao afectar negativamente a atracción turística ca perda de interese dos visitantes.

Non nos deixemos levar pola tentación da lámpada do Aladino, pensemos racionalmente no futuro. Nun país serio estes atentados contar a natureza serían ilegais tendo en conta os danos evidentes que producirán nun dos destinos máis demandados de Galicia.

Allea ou ollando para outro lado, dende a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia se confirma que se traballa para que a Ribeira Sacra obteña o recoñecemento da Unesco.

Te puede interesar