Ducias de persoas esperaron, na Praza Maior do Carballiño e baixo un sol de xustiza, a chegada do lugués José Blanco, actual ministro de Fomento. El tamén levou unha camiseta conmemorativa dos concelleiros da cidade de Oberhausen

'Pepiño, valente, vén para Galicia'

El ministro de Fomento, José Blanco, firmó en el libro de honra del Concello de O Carballiño, en su primera visita oficial al ayuntamiento. El alcalde, Carlos Montes, (a la izquierda) aseguró que 'es un placer que esté aquí'
Aexpectación era enorme na Praza Maior do Carballiño.
Ata a meirande parte dos medios de comunicación (de todo o Estado) presentes na 'Festa do Pulpo' non acudiron ó acto oficial de inauguración, por esperar ó ministro de Fomento. Ducias de persoas agolpábanse nas escalinatas para saúdar a José Blanco. Ó sair do seu vehículo, foi recibido por aplausos e unha aperta de Carlos Montes, do secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, e do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Aínda tivo tempo de saudar a un paisano da súa localidade natal, Palas de Rei. Ós gritos de 'Pepiño, eres un valente!', e 'Pepiño, vén para Galicia', José Blanco entrou na Casa do Concello.

Logo, probaría o polbo no Parque municipal, antes de viaxar a Pontevedra.

Te puede interesar