verano

Pereiro axudará a coñecer os traballos más tradicionais

Un dos atractivos será a demostración en directo de olería, así como actividades de cestería ou apicultura 

A II Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar, que se celebrará o próximo 11 de agosto, presentouse este martes nun acto presidido polo alcalde, Luis Menor. Tras o éxito conseguido na pasada e primeira edición; dende as 11,30 ata as 21,30 horas en Loñoá reuniranse trinta postos  adicados a elaboracións artesanais co do coiro, o ganchillo ou o pan, entre outros. 

Un dos atractivos será a demostración en directo de olería con representación de Bruño e Marín, xunto con outras de cestería ou apicultura cunha colmea didáctica en funcionamento.

A producción ecolóxica tamén terá o seu pequeno espazo nesta feira,  ademáis de postos de venda cervexa artesá local e de comida, como pulpeiras procedentes de O Carballiño. 

Xunto a todas estas actividades, podrase disfrutar dun roteiro interpretativo e teatralizado denominado "Unha mirada ao pasado". Nel, os participantes coñecerán toda a zona de Loñoá. Toda a xornada contará con animación musical, ofrecida polo grupo Rebulir e a charanga Albor.

O obxetivo desta celebración é o de homenaxear as xentes e os seus oficios tradicionais. A Casa do Oleiro permanecerá aberta durante todo o día, acollendo no seu interior diversas exposicións, como por exemplo a de aparellos de apicultura tradicional.

Os asistentes, xunto con todas estas actividades, poderán participan nos obradoiros que terán lugar toda a Festa Etnográfica. Neles, nenos e maiores podrán aprender sobre olería e arame.

Te puede interesar