Pés cansos, noites xeadas

Pés cansos, noites, xeadas. (Foto: Xoán Baltar)
Noite tras noite, a muller do país dos ósos de dragón percorre bares, pubs e outros espacios de ocio, cargada dos chismes máis estranos, e tamén de rosas.
Volvina ver por cuarta vez naquela noite, que xa non era a primeira. Camiñaba coma sempre: lenta, pero sen pausa, e cun sorriso de orella a orella. Os seus brazos seguían cargados dos chismes máis estraños. Tamén de rosas, como non.

Primeiro entra nun lugar de viños. Despois, nun pub. E noutro, e noutro máis aínda, sempre co mesmo sorriso inalterable. Non é que me persiga. É do que vive.

Algúns aínda a miran. Rin cos seus estrafalarios xoguetes luminosos e ata lle mercan algo para logo facer o parvo. Outros, obsérvana con desprezo. ‘Non, a min non veñas’. E, a maioría, fai coma se non existise. Dun lategazo de indiferencia, o sorriso de porcelana bórrase nos ollos dos que non queren ver.

Malia todo, a muller do país dos ósos de dragón non se detén. Non pode. Son as cinco da mañá e aínda ten por diante o resto dunha noite máis nesa terra estraña na que aterrou. A frialdade seguirá esperándoa tralas portas dos locais que percorre case todas as lúas, pero ela amosará a súa mellor cara. Quizáis, alguén repare no gastadas que ten as solas do seu calzado. Quizais, alguén caia na conta de que, ao mellor, noutrora e noutro lugar, nunca imaxinou ter que recoller o seu orgullo unha e outra vez en noites tan xeadas.

Te puede interesar