Os rapaces de Piñor debuxan e practican deporte mentres aprenden a xantar productos saudables

O programa infantil do verán organizado polo Concello de Piñor combina actividades plásticas e deportivas, ademais de ofertar un taller centrado na mellora dos hábitos alimentarios dos rapaces. Neste sentido, o vindeiro mércores serán convidados a un almorzo saudable en Cotelas.
Durante os mércores do mes de agosto, os nenos e nenas de Piñor disfrutan de actividade física, dentro do programa infantíl do verán promovido polo Concello, no que se inclúen talleres de debuxo e pintura. Aproveitando que o vindeiro día 19 se imparte a última sesión, realizarase unha degustación para promover os almorzos saudables entre os máis cativos.

Con isto, o vindeiro mércores, de 11.00 a 13.00 horas desenvolverase no local social da localidade de Cotelas unha iniciativa de promoción da saúde para os rapaces, ‘onde se combinarán as áreas claves do proxecto Concellos Saudables, que son a actividade física e a alimentación’, sinala o alcalde do municipio, Francisco Xosé Fraga. Así, por unha banda, un técnico de Educación Física proporá a práctica de xogos tradicionais e dinámicos, para posteriormente dar paso a unha sesión de alimentación saudable, na que un nutricionista lles ensinará ós alumnos os secretos dunha alimentación máis sana.

Te puede interesar