Río Eiroá

Más que mil palabras. (Foto: Yolanda Lloves)
Os seus ollos pecháronse somnolentos e amosaron unha tristura aceda pola que os anos non deixaron de marcar a súa pegada.
Unha e outra vez tecleou con ira aquelas palabras na pantalla do ordenador, e unha outra vez contemplou, decepcionado, sempre a mesma expresión ou sinónima, que volveu de novo a borrar. Sentiuse incómodo e sen ganas de escribir. Exhalou un fondo salaio, e cruzou as máns por diante de si, fretando o longo e estirado nariz. Os seus ollos pecháronse somnolentos, e amosaron unha tristura aceda, pola que os anos non deixaron de marcar a súa pegada.

Levantouse de maneira brusca da súa cadeira de brazos de coiro, cheo de suor, e dirixiuse á cociña, que estaba ás escuras, onde abriu a porta do frigorífico para coller unha botella de cervexa xa mediada, que abriu con frui ción para bebela nun par de ruidosos e longos grolos...

De súpeto escoitou como un petar dentro do seu oído, que confundiu a primeira ollada cun leve golpe na porta da casa... Deuse conta así mesmo de que os seus latexos internos o estaban enganando, e notou como unha pequena dor... Tratou de coller ar, respirar fondo, pero foi practicamente imposible, e cando quixo agarrarse ó manubrio da porta do escritorio non viu nada agás a néboa...

Daquela soou o timbre da porta da casa, sonoro e seco.

Te puede interesar