VERANO

O río Lethes prepárase para a gran batalla entre castrexos e romanos

Un pequeno romano que non quixo perderse a festa que se celebrou en Xinzo durante esta fin de semana.
photo_camera Un pequeno romano que non quixo perderse a festa que se celebrou en Xinzo durante esta fin de semana.

Xinzo pon hoxe punto e final á XVI edición da Festa do Esquecemento co cruce do río Limia polos romanos

n n n Continúa a grande cita dos castrexos e romanos na capital da Limia. Na xornada de onte, tralo circo romano, que tivo lugar na Praza Maior da localidade ás 12,00 horas amenizado por un grupo de gaiteiros, o mercado tradicional instalado nas rúas dos viños continuou a recibir a decenas de visitantes curiosos. Xa pola tarde tivo lugar unha "xincana" polo casco vello que rematou cun pasarrúas. Ás 18,00 horas no campamento, os protagonistas da festa organizaron un conxunto de xogos populares. 

Posteriormente, as tropas de Décimo Xuño Bruto desfilaron de novo pola vila xunto cos castrexos. Ao remate, no campamento, celebráronse as vodas e o Nasciturus. Centos de persoas puideron desfrutar, xa pola noite, do gran espectáculo de loitas no coliseum, situado na explanada do Toural, dando paso a un novo espectáculo de lume. Logo de encher o bandullo, a Praza Maior foi o escenario da actuación do grupo galego Habelas Hainas..

O día de hoxe, último do festexo, comezará ás 12,15 horas co circo romano na Praza de Oriente. Ás 17.30 horas terá lugar o desfile até o río Lethes. Alí será onde se leve a cabo a histórica representación do cruce do río do Esquecemento ás 18h. Media hora máis tarde celebrarase a gran batalla entre castrexos e romanos e a incineración do xefe castrexo. Ás 19.30 horas desfilarán as tropas pola vila para, a continuación, poñer o foco outra vez sobre a Praza de Oriente, que se converterá no epicentro dos conxuros e pocións previos ó espectáculo de loita das 21.30 horas. O festexo rematará cando se apague o lume sagrado, ás 24,00 horas.

Te puede interesar