San Xoaquín e Santa Ana, en Vilanova dos Infantes

La fiesta de Vilanova dos Infantes
a chegada da época estival multiplícanse as actividades lúdicas en toda a nosa Galicia. Multitudinarias manifestacións tanto de carácter festivo, como relixioso ou gastronómico son todo un fermoso reclamo para a xuntanza de moitos dos nosos veciños que, ao longo de todo o ano por mor do seu traballo, permanecen afastados do seu respectivos concellos, aldeas ou pobos.
Son datas nas que a xente fai coincidir as súas vacacións de verán cas festividades relixiosas existentes na parroquia e, como non, se aproveita para a celebración duna festa compartida con toda a veciñanza; e nada mellor para facelo que nunha xornada gastronómica colectiva acompañada do bo son dunha orquestra ou, máis modestamente, da mestría da banda de música local ou dun grupo de gaiteiros. Moitos son os lugares de celebración de todos estes eventos, espallados tanto ao longo como o ancho de toda a provincia.

A cativa vila de Vilanova dos Infantes, pertencente o Concello de Celanova, é unha boa mostra do dito. Así, coincidindo ca festividade de San Xoaquín e Santa Ana, os veciños rememoran unha vella tradición popular, de forte arraigo no lugar. Contan os máis vellos do medieval burgo que tralo obrigatorio sorteo dos 'quintos', os seleccionados celebraban unha cea comunitaria á que asistían todos os membros da parroquia e, tralos respectivos brindes, se lles desexaba moita sorte no seu obrigado cumprimento dos deberes ca patria.

Os tempos mudaron é tras a abolición da tan temida e aborrecida 'mili' os veciños de Vilanova non queren deixar morrer esta vella tradición. Así, non sempre coincidindo exactamente co día da festividade, pero sempre o máis achegado o sábado máis próximo, na praza maior se desgustaba e desgustan as típicas viandas por antonomasia de Galicia: a empanada, mailo polbo cociñado ao estilo da feira.

A xornada se completa ca presencia da tradicional e coñecida popular banda de música de Vilanova dos Infantes, que no transcurso do evento deleita magnificamente os comensais. Tralo remate da degustación, os veciños 'moven o esqueleto' namentres o experto 'bruxo' oficial preparaba a famosísima queimada, imprescindible cerimonial, para eliminar a presencia do 'meigallo' Todo un luxo para todos os asistentes, que, pese á crise que nos asfixia, seguen a manter, ininterrompidamente ano tras ano, este singular, concorrido e popular evento gastronómico.

Te puede interesar