FESTIVAL

Sés protagoniza o cartel do recuperado "FAX" de Xinzo

A irreverente Sés estará acompañada, dende as 20,30 horas, por Eladio y los seres queridos, que presentan o seu traballo "Cantares"

A cantautora coruñesa Sés  protagoniza o cartel do que será a cuarta edición do festival FAX de Xinzo de Limia, que terá lugar o vindeiro 5 de agosto na Alameda do Toural da localidade. 
A irreverente Sés estará acompañada, dende as 20,30 horas, por Eladio y los seres queridos, que presentan o seu traballo "Cantares". A oferta musical completarana os grupos ourensáns Coanhadeira e os limiáns Habitación Vudú. 

Durante tres edicións o Festival FAX celebrouse na capital da comarca da Limia, cun éxito que foi medrando en cada unha delas. Por diferentes motivos non se continuou coa súa celebración dende o 2008, logo de iniciarse no 2006. Terá, ademáis, un fin solidario: a organización doará unha porcentaxe do recaudado, o 30 por cento,  para axudar na compra dunha furgoneta para os rapaces de Limisi Diversidade Funcional.

Te puede interesar