XOCIVIGA

As Xociviga inauguran unha exposición do xornalista Aurelio Pego

Onte tamén se entregou no auditorio o Premio de Honra das Xociviga á actriz Mariana Carballal

Dentro da programación das Xociviga, que se celebran no Carballiño desde o pasado día 25 e ata o 30 de agosto, onte inaugurouse a exposición Aurelio Pego. Un xornalista cinematográfico galego en Nova York. Antoloxía gráfica. A este acto asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o comisario da exposición Xosé Enrique Acuña, membros da corporación municipal e representantes das asociacións culturais e veciñais do Carballiño. Ademais, tamén participaron os membros do xurado dos Premios Xociviga, o director Ángel de la Cruz, o escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández, e o director de teatro Xosé Prada. No mesmo Auditorio, ás 23,00 horas tivo lugar a entrega do Premio de Honra das Xociviga á actriz Mariana Carballal.

Para hoxe está previsto no Auditorio e na Casa da Cultura sesións de cine para nenos e distintas proxeccións ao longo do día como "O Piloto", "A Seara", "Un viaje por Galicia" e "Miña filla, miña irmá", ás 23,00 horas. 

Te puede interesar