O CARBALLIÑO

Xociviga ofrece 27 películas nun econtro cos profesionais


A produción galega será a protagonista das seccións Cine Infantil e Xociviga Documental.

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño, o festival audiovisual decano de todos os que se celebran na Comunidade, desenvolverá unha nova edición do 12 ao 16 de agosto arredor dun intenso programa de 27 sesións cinematográficas e actividades paralelas. 


A produción galega será a protagonista das seccións Cine Infantil e Xociviga Documental. Así, dentro da primeira delas proxectaranse 'El club de los incomprendidos' de Carlos Sedes, 'Maimiño e o espello máxico' de Ernesto Padrón e 'Holy ninght!' de Juan Galiñanes. Na segunda, ofreceranse os traballos dos realizadores Marcos Nine, María e Marcos Hervera, Alfonso Zarauza e Pablo Ces. Todos eles desprazaranse ata Carballiño.

Te puede interesar