OCIO

Xornada para observar as estrelas no Aquis Querquennis

Unha xornada que inclúe obradoiros astronómicos a partir das catro e media da tarde e un concerto do grupo Ghaveta pouco antes das dez da noite.

O Concello de Bande avanzou na xornada de onte as actividades de lecer programadas para os meses deste verán. Entre a oferta destaca a xornada de observación astronómica que se celebrará o vindeiro sábado día 30 de xullo no Centro de Interpretación Aquae Querquennae do municipio. Unha xornada que inclúe obradoiros astronómicos a partir das catro e media da tarde e un concerto do grupo Ghaveta pouco antes das dez da noite.

Despois, para as 23.00 horas está previsto o comezo da observación desde o xacemento do Aquis. Para esta actividade é preciso inscribirse. Outra oferta da programación son as Noites de Veladas, xogos para rapaces a partir de 12 anos e tamén observacións, que se celebrarán xunto a Biblioteca Municipal. A primeria sesión está prevista para o día 21, ás 21.00 horas, baixo o rótulo de Reto bandido. 

Te puede interesar