Coñece Ourense

Zona turística

santa maria de oseira 001_result
photo_camera Gravado de Santa María de Oseira.

Partindo de Ourense capital pola estrada Nacional 525, a sete quilómetros do punto de partida, no pobo de Gustei, atópase a igrexa parroquial de Santiago

santa maria de oseira 001_resultPartindo de Ourense capital pola estrada Nacional 525, a sete quilómetros do punto de partida, no pobo de Gustei, atópase a igrexa parroquial de Santiago, que constitúe unha boa mostra do noso románico rural. No seu interior destaca a figura sedente en pedra granítica e policromada do apóstolo Santiago. En Sobreira, á man dereita, a tres quilómetros do cruce, atópase o Pazo de Vilamarín, pequena fortaleza construída no século XV. Destaca polas súas torres de defensa, tres delas de sección circular ademáis doutras cadradas. No interior hai diversas dependencia en torno a un patio con galería aberta á altura da planta alta. Na actualidade a titularidade do edifico pertence á Deputación Provincial de Ourense que o destina a diversos fines culturais: exposicións, congresos, etcétera.

muinoo en pinnor de cea 001_resultCea é un concello formado pola propia vila do seu nome ademáis de trece parroquias. 
O seu famoso pan elaborado de xeito artesán é recoñecido en toda Galicia. 
No santuario de A Saleta celébrase unha concorrida romaría o terceiro domingo do mes de setembro. 
O Gran mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Oseira, situado na aba da Serra Martiñá, é un dos monumentos máis grandiosos dos existentes en Galicia. Tivo a súa orixe nos monxes de Claraval que organizaron unha comunidade baixo a regra do Cister. Das antigas construccións do mosteiro só se conserva a igrexa, máis unha cativa capela adosada á cabeceira do templo que mantén a súa estructura orixinal románica. É asimesmo moi destacable unha imaxe medieval en pedra da Nai de Deus coñecida popularmente como a Virxe da Leite. A grandiosidade do mosteiro vese acrecentada pola variedade de estilos arquitectónicos imperante no magno edificio o que lle deu a sona do “Escorial Galego”
Resulta particularmente interesante a visita ó museo etnográfico Liste, situado na saída do mosteiro no que se pode ollar os diversos instrumentos de labranza utilizados polos nosos avós. 

forno popular en cea 001_resultPartindo de Cea pola estrada autonómica OU-504 ou a través da OU-206, tras 15 minutos de percorrido, éntrase na populosa e engaiolante vila do Carballiño. A vila do río Arenteiro ten un aspecto moderno debido ó crecemento moi acelerado da súa poboación, o que a sitúa no segundo posto por habitantes da provincia. 
O templo da Veracruz está considerado polos expertos como o máis emotivo e de maior forza expresiva de todos os que se construíron en España. As obras empezaron no ano 1943, seguindo o proxecto do coñecido arquitecto Antonio Palacios. A consagración do templo foi no ano 1952, aínda sen dar remate á obra. 
O parque municipal, situado no belo paraxe do Orcellón, é un dos máis grandes de España. Deseñado polo arquitecto ourensán Conde Fidalgo ten unha extensión aproximada de 32 hectáreas. É un verdadeiro bosque forestal con variedade de especies concentradas na súa área central. A súa fauna é abundante, correspondendo a maioría a numerosas colonias de paxaros. O parque etnográfico do río Arenteiro está formado por muíños e zonas de pesca, ademáis dos espacios habilitados para o baño. O gran balneario situado no parque é coñecido dende tempos inmemoriais. Foi a escritora dona Emilia Pardo Bazán a maior difusora das propiedades mencíñais destas populares augas carballiñesas.

Moi próximo a Leiro atópase o antigo mosteiro de Santa María de San Clodio, fundado no ano 567. Actualmente utilizado como gran hotel monumento é un importante lugar de celebración de variados eventos. A igrexa adosada ó mosteiro é de factura románica de transición, de estilo cisterciense, datada no século XIII. Os claustros do mosteiro son de tipo arcaizante. Pola mestura de estilos arquitectónicos o conxunto do que forma parte a igrexa acadou a categoría de Monumento Nacional, no ano 1981.

Te puede interesar