O BNG vianés “oporase rotundamente” a unha modificación de crédito

Membros da Asamblea local do BNG de Viana do Bolo.
photo_camera Membros da Asamblea local do BNG de Viana do Bolo.
Asegura que se “gasta o diñeiro en proxectos de nula rendibilidade”

O BNG de Viana do Bolo aprobou na asemblea local celebrada na tarde-noite deste martes oporse rotundamente “as pretensións” do actual goberno de “gastar” todo o diñeiro de Viana -3.366.000 euros de remanente- en proxectos que consideran “de nula rendibilidade e demanda social”.

O BNG cataloga de “moi grave” que o goberno municipal leve o próximo pleno unha modificación de crédito no que, según eles, “ se malgasten todos os remanentes que ten o concello”.  

“Proxectos que terían que ser apoiados e xestionados pola Xunta de Galiza como o centro de día pasan a ser financiados solo polo concello con 680.000 euros”, afirman. Engaden que hai outros proxectos “con nula rendibilidade e demanda social”, enumerando a reforma da praza de abastos ou a reforma das naves do campo da feira, que suporán unha gran inversión.

Segundo explican dende o grupo local do BNG, outro dos puntos a tratar no pleno do vindeiro xoves será “anular acordos plenarios para subir o complemento específico ao posto de secretaría-intervención, curiosamente ocupado por un familiar directo do candidato do PSOE”, afirmando que o BNG “se opón firmemente a esta pretensión, igual ca que pretende subir a un administrativo”. 

Abelardo Carballo, alcalde de Viana do Bolo, quere “deixar claro” que a modificación de crédito será necesaria para realizar unha xeración de créditos xa que actualmente “contamos con subvencións para a maioría dos proxectos que se van levar a cabo. Únicamente será necesario utilizar eses remanentes para iniciar as obras ata a chegada das subvencións”. Con respecto as declaracións realizadas con referencia a subida do salario do persoal, Carballo declara que non vai “permitir que ninguén lle falte a ningún traballador da administración local” e que todo o que din “é unha falacia”. Asegura ademais que se tomarán medidas acerca das declaracións realizadas”

Te puede interesar