Antón Riveiro Coello, o autor das cento e unha historias

Entrevista al autor Antón Riveiro Coello

Confesa que de cativo tiña unha imaxinación desbordante que, sen chegar a convertir en mentiras, empregaba para dar pinceladas á realidade. Co tempo soubo sacar partido dese don e agora, máis de 25 despois de sacar a súa primeira novela, é un dos autores galegos máis prolíficos e tamén con máis fieis seguidores. Non fai nin un mes que “Hotel Carioca”, a súa última novela se atopa nas librarías. Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, este traballo leva ao lector a ir abrindo cada historia, cada “matrioska”, para enfiar historia, suspense, misterio, memoria… dun xeito lírico, áxil e envolvente, e abordando temas como aborda temas como a homosexualidade, os coidados ou a emigración. 

Acaba de saír do prelo “Hotel Carioca”, o seu último libro escrito en plena pandemia e ganador do Premio Álvaro Cunqueiro de Novela. Que se atopa o lector nel?

Trátase dunha novela de case 600 páxinas na que teño posta moita ilusión xa que parte dunha historia que me leva perseguindo desde a adolescencia que non é outra que a de meu tío que emigrou a Río de Xaneiro. Despois de 11 anos alí mandaron unha carta decindo que morrera nun accidente de tráfico. Toda a novela orbita sobre esa historia que non é a historia da miña familia paterna, pero si que a historia da miña familia paterna está dentro dela. Explícome (risas). Con todos os personaxes da miña familia e as súas historias fun creando protagonistas de ficción que teñen base de realidade. 
A protagonista é unha nena de 13 anos, pero ten moito que ver conmigo, porque a ela encárganlle, depois de que chegase a carta da morte do seu tío nun accidente de tráfico, que siga escribindo as cartas do finado para que a súa avóa non sufra a dor da perda dun fillo. Esa nena, dalgún xeito tamén son eu. Os domingos ía visitar a miña avóa e lía as cartas que lle enviaba o seu fillo do Brasil. 

Define a novela como unha matrioska. 

Son moitas novelas dentro dunha. Hai novela negra, psicolóxica, policial, de memoria… Teño moita esperanza posta nela. Nela abordo temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.

Leva tan só un mes na rúa e este venres que acaba de pasar foi a súa primeira presentación en Boiro. Cal son as primeiras achegas?

As criticas son positivas. Falan dunha novela redonda, co que me sinto moi feliz. Aínda que co medo de cando publicas un libro. Para mín é unha das novelas máis traballadas e pensadas para o lector. 

É vostede un autor prolífico con máis de 25 anos as súas costas como escritor, imaxinou cando publicou o seu primeiro libro que a súa vida trasncorrería paralela ás letras?

Aquel Riveiro Coello tiña tan só 23 anos e para nada pensaba en chegar a isto. Naquel momento, e aínda agora, me sinto un “intruso”. Dame a sensación de que estou nun lugar onde non me corresponde. Cecáis porque sempre soñei con ser guitarrista (risas). Pero o que estou seguro é que naquel momento nin soñaba con ter tantos libros escritos nin con estar no lugar onde estou. O que teño claro é que recordó comezar a escribir dun xeito lúdico, como unha afición, que se converteu no que é hoxe en día.  En algo necesario.

Algo necesario para a súa vida, pero supoño que non perdeu a parte máis “emocionante” dos comezos de cada novo libro.

Escribir é un acto de memoria. Pero sobre todo penso que os escritores estamos sempre no punto de partida. Da igual os libros que teñamos, sempre hai unha sensación de vertixe cando empezas a escribir. Pero unha vez que comezas, a ilusión renovase. Entre libro e libro, nese parón de meses, hai dúbidas, pero deseguida prende a chama de novo. E sempre que haxa alguén que me lea, eu seguirei escribindo.

Nas máis de 20 publicacións que ten feito emprega diferentes xéneros, en cal se sinte máis cómodo?

Gústame probar diferentes xéneros, pero no que mellor me sinto é na novela. Dame un espacio máis amplo para contar. Son máis narrador que poeta. E un relato curto non se adapta ao meu estilo. Non porque eu sexa un caixón desastre, senón porque enfío moitos persoaxes, épocas, historias… e isto confúe mellor nunha novela. O que é certo é que cando unha historia chega a mín, primeiro busco a que xénero se pode adaptar mellor e logo comezo a escribir. 

É un escritor de compás ou de mapa?

De mapa. Aínda que non sempre é bo… si que hai novelas que cando as empezo a escribir non sei cara onde vai. Neses puntos concretos xorde o compás. Pero en xeral son moi ordenado. Gústame ir cara un camiño fixo. O que non quita que polo camiño, nun proceso longo como é unha novela, non aparezan outras historias. Ou incluso se cambie o final, principio… ou a forma de ser dun persoaxe.

Observación, memoria, imaxinación, investigación… que é o que o guía na súa labor como escritor?

Descubrín tarde que servía para a escrita (risas), pero si que é verdade que dende cativo tiven moita imaxinación. Soia adornar, que non mentir, as cousas que me pasaban. Así que acabei descubrindo que a literatura é unha “mentira” elaboradísima ao meu alcance. Meu e ao de calquera persoa. Con talento e traballo, pódese chegar a escribir. Onde máis cómodo me atopo é na “memoria prestada”. Creo que as miñas mellores novelas ten moito que ver con esa parte histórica da xente. Nesa mestura equilibrada entre a memoria e a imaxinación para construir outra historia diferente que pode ser moito máis potente que a mesma realidade. A imaxinación cobre as lagoas da memoria. Esos espazos aos que non se chega coa realidade.

Na sociedade actual, cal diría que é a situación dos escritores?

Vivimos nun momento no que hai que rivalizar con outros tipos de lecer como as series das plataformas. Pero tras elas temos que ser conscientes de que hai unha narrativa, unhas estructuras das que aprendemos e que nos están influíndo. Eu tamén me pregunto se a día de hoxe, con 14 ou 15 anos estaría lendo coa cantidade de opcións que teño para ocupar o meu tempo libro. Igual estaba xogando aos videoxogos… Así que, a priori, parece moi complicado facer que unha persoa se sente a ler un libro teu. Hai unha dificultade a maiores para case todos os escritores, que é poder vivir exclusivamente do que vendes. E se vendes e vives diso, corres o risco de sacrificar o texto porque moitas veces o que máis se le non é que o máis prestixio dá. Pero con calidade e esforzo podes facerte cómplice deles e facer que agarden pola túa novela ao igual que o fago eu cos meus escritores favoritos.

E no futuro?

Habería que ver a ver canta xente ten a lectura como un acto de resistencia para o seu lecer. Pero a única maneira de que exista esa xente, é escribindo obras de calidade que fagan sentirlles que valeu a pena pasar o tempo lendo o teu libro. Non só para entreterse, senón tamén para aprender e abordar grandes temas. 

Aínda que non escribe para recibir premios, si ten obtido varios recoñecementos que suponen un pulo para darse a coñecer. 

Eu cheguei á literatura grazas aos premios e foron os que me fixeron pensar que ao mellor servía para escribir. Sempre conto que incluso cando recibín o meu primeiro premio, o VI Premio Literario Camilo José Cela pensaba que un día ou outro me chamarían para decirme que se confundirán (risas). Nin eu mesmo cría de todo en mín. Esos premios abrironme as portas das editoriais e durante case 20 anos non me presentei a ningún certame máis. Nestes últimos anos si que o fixen, e obtiven o Torrente Ballester con “As liñas do paraíso”, e, o pasado ano I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela con “Hotel Carioca”.

Pregunta obrigada… cando “Hotel Carioca” en Ourense?

Supoño que neste mes de outubro tocará... 

Te puede interesar