Loñoá reivindica o seu pasado oleiro

Mostra de olas tradicionais en Loñoá. JOSÉ PAZ
photo_camera Mostra de olas tradicionais en Loñoá. JOSÉ PAZ

As olas de Loñoá, no municipio do Pereiro de Aguiar foron as protagonistas da terceira edición da Festa Etnográfica. Tras dous anos de parón, a organización buscaba recuperar a popularidade que estaba acadando a celebración. E así o fixeron cun amplo programa  de actividades para toda a familia, dende xogos populares a un roteiro teatralizado polas Olas de Loñoá. 

Como é habitual nestas festas, a gastronomía, a música e o baile tamén tiveron un papel moi destacado. O obxectivo da Festa Etnográfica é o de reivindicar os oficios tradicionais da zona e que non se esquezan as raigames do Pereiro.

Te puede interesar