Reencontro de exalumnos do Seminario

Antes y ahora
photo_camera Antes y ahora

Fai unhos días que celebraron no Seminario Menor o primeiro Cume dos alumnos que formaron parte do mesmo curso entre 1982-1990. Xuntáronse 23 dos alumnos e catro sacerdotes que foron os seus formadores. Outros 13 alumnos querían participar no evento, mais non puideron asistir a este primeiro encontro.

Foi unha xuntanza entrañable, na que visitaron o Seminario Menor onde se coñeceron e compartiron a adolescencia, celebraron unha misa na que lembraron aos que xa se foran para sempre e compartiron mantel nunha comida inesquecible.

“Quizais o mellor resumo ilustrouno un de nós explicando que cando estabamos no Seminario e íamos a casa ao regresar invadíanos a morriña… no Cume pasou o contrario, ao deixar o Seminario para volver á casa, invadiunos a morriña…”, comenta un dos participantes.

Agora xa están esperando que chegue o próximo Cume en outubro 2023.

Te puede interesar