O meu cole chámase...

Albino Núñez

A vida dun mestre

xornalescolar_0902_albino_02

Foi na parroquia de San Pedro da Mezquita, no Concello da Merca onde naceu Albino Núñez o 13 de decembro de 1901. E a cidade de Ourense, o lugar onde comezou a vocación á que adicou toda a súa vida. Nela estudou Maxisterio, converténdose en discípulo de grandes mestres, como Vicente Risco, e nela faleceu en 1974. Pero a aula non foi o único lugar ó que este mestre levou o ensino, senón que tamén foi un importante pedagogo e divulgador, creando revistas como “Escuela del trabajo”, unha publicación sempre á última en tendencias educativas.

Ensino público e rural

xornalescolar_0902_albino_01

A parroquia de Amoroce (Celanova) e Maceda foron os seus primeiros destinos como mestre. Coa vida rural de comezos de século como telón de fondo, foi nestes lugares onde naceu a súa gran paixón pola pedagoxía. Albino Núñez estivo sempre moi atento ás correntes de innovación educativa e foi pioneiro na introducción de métodos novidosos en Ourense. A chegada da Guerra Civil apartouno da educación pública, á que voltou en 1959. A súa figura continúa ligada hoxe ó ensino público dándolle nome ó colexio de Casardomato dende 1980.

Familia coñecida

xornalescolar_0902_albino_03

Albino Núñez, descendente dun legado de músicos da Mezquita, foi tamén escritor e poeta. Ademais de escribir moito de pedagoxía, tamén ten traballos sobre toponimia galega e colaboracións en prensa. E tivo tempo para traducir ó galego moita da poesía de Antonio Machado. Hoxe, o seu apelido é coñecido en todo o mundo gracias a un dos seus netos, o gaiteiro Carlos Núñez. Músico é tamén outro dos seus netos, que comparte nome co seu curmán, e que chegou a ser director do Conservatorio de Música de Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar