XORNAL ESCOLAR

Os Bolechas, por Ourense

A Deputación quere chegar ao publico infantil a        riqueza natural, patrimonial e cultural da provincia

Durante o mes de abril Os Bolechas realizarán unha xira que levará aos populares irmáns creados por Pepe Carreiro por diferentes localidades da provincia no seu espectacular autobús de dous pisos.

Os Bolechas van a Ourense, do que se editaron 17.000 unidades, en cuxa portada aparecen Os Bolechas viaxando nun bus que ten como matrícula OU-7273, que son os quilómetros cadrados que ten a provincia de Ourense, narra as aventuras dos irmáns no aniversario da súa curmá, Ying, que celebran en Manzaneda. Cando están todos na mesa para soprar as candeas, Ying recorda que ten moitas amigas e amigos ourensáns e quere que estén na súa festa, así que marcha a buscalos nun microbús co que percorre toda a provincia recollendo os amigos, que a agasallan con produtos típicos das súas zonas. A festa de aniversario de Ying vai ser suculenta.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar