Lixoteca

Burbullas máxicas

photo_camera En la Lixoteca de esta semana preparamos una varita mágica para hacer burbujas infinitas.
Hoxe imos crear unha variña máxica que che dará diversión infinita.

Para facela tan só necesitarás uns materiais moi fáciles de conseguir: seis palliñas de plástico, tesoiras, unha regra e un rotulador, pegamento ou a pistola de silicona, un prato con algo de fondo, auga e xabón de lavar os pratos. Imos alá!

O primeiro que terás que facer é sinalar con axuda da regra e o rotulador marquiñas de un centímetro e recortálas. Necesitarás 16 anaquiños por cada palliña, de maneira que en total teñas 96 partes, que son as necesarias para crear a forma final de estrela. Por iso é importante que che queden todas iguais.

Comezaremos collendo 16 anaquiños dunha mesma cor e pegándoos en forma de rombo. Para iso, comeza por xuntar catro e coloca a un dos lados outras filas de tres anacos, dous e un. Repite do outro lado da fila de catro ata que consigas a forma de rombo. Fai o mesmo outras cinco veces.

Se xa tes seis rombos iguais é o momento de xuntalos. Vai intercalando as diferentes cores como máis che guste ata que consigas unha forma de estrela. Asegúrate de que queda consistente para que non se nos desfaga cando vaiamos soprar. Nun dos lados pega unha palliña algo máis grosa que che servirá para agarrar.

Deixamos agora a variña a un lado e collemos o prato para preparar a receita máxica da que sairán as burbullas. Bota un pouco de auga no fondo do prato e un bo chorro de xabón de lavar os pratos. Mestúrao ben para que quede homoxéneo e saian moitas moitas burbullas.

Agora xa só quedan dous pequenos pasos. O primeiro é meter a variña na mestura de auga e xabón e darlle uns toquiños para que empape ben. O segundo é que prepares os teus pulmóns para soprar moito e ver que burbullas máis chulas saen da túa nova variña máxica. Tes garantida diversión infinita, así que… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar