Lixoteca

Unha canasta caseira

photo_camera En la Lixoteca de esta semana hacemos una canasta para que puedas jugar en cualquier momento y en cualquier lugar.

Hoxe imos facer unha canasta coa que poderás xogar ó baloncesto se chove ou se vai demasiada calor para saír á rúa.

Os materiais que necesitarás son: unha caixa de zapatos, un rotulador, pegamento, un pauciño de xeado, un tapón dunha botella, unha goma, tesoiras, un vaso de papel e unha pelotiña de ping-pong.

O primeiro que terás que facer é separar a tapa da caixa coas tesoiras e tratando de cortar ben rectiño. Se colles unha caixa que teña a tapa indepente xa podes pasar ó seguinte paso, que será deixar o cartón plano sen nada que sobresaia e debuxar un rectángulo nunha das partes. 

Colle agora o vaso de papel e recorta a parte por onde se bebe cun grosor duns dous centímetros. Trata de ter coidado nesta parte porque será o que empregaremos de canasta e é importante que quede ben. Cando o teñas, pégao contra o lado inferior do rectángulo que debuxaches no cartón.

Deixa a parte da canasta a un lado por agora e imos preparar a base. Nun dos lados, axúdate dunha tesoira e pídelle axuda a un maior para facer dous buratiños e pasar por eles a goma, un dos extremos por cada burato. E faille un nó ben forte para poder tirar con forza e marcar moitos puntos.

Fai outro burato no lateral da caixa e mete por el o pauciño de xeado. Na parte interior, engánchao no lado da goma que che quedou contra a base da caixa. Colle agora o cartón onde tes pegada a canasta e pégao no outro lateral da caixa, de xeito que che quede enfrontado ó pauciño.

Só nos queda un pequeniño paso antes de comezar o partido! Colle o tapón da botella e pégao no extremo do pauciño que queda fóra da caixa. Asegúrate de que das feito palanca con facilidade. Se xa o tes, tan só che queda coller a pelotiña de ping-pong, colocala sobre o tapón, apuntar e… disparar! Así que xa sabes… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar