O meu cole chámase...

Castro de Baronceli

Vestixios castrexos

xornalescolar_1412_baronceli_01

Castro de Baronceli ou “Baroncelle” é o nome polo que se coñece, segundo moitos historiadores, ó asentamento castrexo que ocupaba o lugar onde hoxe se empraza o Castelo de Monterrei.  Crese que foron os seus habitantes os que habitaron a vila romana a partir da cal naceu a poboación de Verín. O castro pasou a ser castelo e nel asentáronse importantes familias da época medieval, como os Ulloa, os Zúñiga ou mesmo os Duques de Alba. 

Fortaleza e castelo

xornalescolar_1412_baronceli_02

O Castelo de Monterrei, hoxe ubicado na localidade do mesmo nome, serviu de fortaleza durante moitos anos e preside todo o val do río Támega. Hoxe é unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia e está declarada como Monumento Nacional dende o ano 1931, ademais de Ben de Interese Cultural. A orixe do castelo está documentada a principios do século X e posteriormente reedificada no século XII. 

Instituto en Verín

xornalescolar_1412_baronceli_03

A pesar de que o antigo Castro de Baronceli foi evolucionando ata o que hoxe é o Castelo de Monterrei, os veciños da contorna lémbrano cada día dende o Instituto de Educación Secundaria que leva o seu nome e ó que acoden a diario estudantes de toda a comarca. Durante o curso organizan diferentes actividades, como foi o caso da última Romaría das Letras centrada na promoción da cultura galega.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar