CONCURSO COHGA

David Díaz, do colexio Carlos Casares, premiado por deseñar unha xoia para a súa nai

No trascurso dese acto deuse a coñecer a identidade da ducia de escolares premiados, que personalmente fixeron entrega ás súas nais das pezas creadas por eles mesmos e realizadas por empresas de xoiaría de Galicia

Unha ducia de escolares de Galicia con idades que van dos 3 aos 12 anos  cumpríu o soño de ver realizada a xoia ideada por eles para regalar a súa nai, grazas a unha iniciativa promovida polo Colexio de Xoiaría de Galicia, Coxga, coincidindo co Día da Nai. Esta VIII edición do concurso Deseña una xoia para a túa nai, que organiza o Coxga en colaboración con Galicia Calidade, contou este ano coa participación de máis de 10.000 escolares, entre os que foron seleccionados os 80 finalistas que asistiron, xunto ás súas familias, á gala de entrega de premios.

No trascurso dese acto deuse a coñecer a identidade da ducia de escolares premiados, que personalmente fixeron entrega ás súas nais das pezas creadas por eles mesmos e realizadas por empresas de xoiaría de Galicia. Os escolares deseñaron, entre outras, pulseras, colgantes ou pendentes, de xeito que os pequenos artistas ven unha aplicación práctica da súa creatividade, a través desta iniciativa que sirve de apoio á súa formación escolar.

O obxectivo do concurso é animar ao alumnado de Infantil e Primaria a introducirse no mundo do deseño de xoias e achegarse a unha profesión de gran arraigo en Galicia que combina tradición e innovación.

Entre os gañadores houbo un ourensano, David Díaz Rodríguez, do CEIP Carlos Casares, de Xinzo de Limia. Noraboa!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar