O colexio Concepción Arenal educa na direferenza, coñecen e recoñecen a diversidade coma un recurso
O colexio Concepción Arenal propón un sistema educativo para que os estudantes participen e progresen no curriculum en igualdade de condicións e oportunidades, apostando por un desenvolvemento integral do alumnado, equilibrando resultados académicos co desenrolo de valores, atendendo os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxes, valorando e potenciando as capacidades persoais e invitando a investigar. Creando para aprender.
Na actualidade o colexio é unha cooperativa dirixida por profesores do centro. Son unha Escola Inclusiva na que a diversidade non é un problema, é un recurso. Educan na diferenza, coñécena e recoñecena, nunca a negan.
Desenvolven unha acción de maneira transversal con servizos e recursos humanos e técnicos coa fin de asegurar, de acordo coa normativa vixente, unha aprendizaxe de calidade. Nos últimos tres anos apostan por un cambio a nivel metodolóxico combinando varias metodoloxías pero principalmente pola aprendizaxe cooperativa onde traballar en equipo é un recurso a ensinar.
O centro educativo está moi comprometido coa Educación Vial. O alumnado de 1º de ESO visitou a exposición sobre Educación Vial organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense no Auditorio Municipal. Unha exposición na que visualizaron condutas e hábitos diarios que incrementan o riesgo de atropelo. Con estas fotografías reflexionan sobre as causas e consecuencias dos atropelos a peatóns, para promover unha nova cultura da Seguridade Vial como contribución á reducción dos índices de siniestralidade en referencia aos atropelos.
O colexio Concepción Arenal sumouse a esta proposta de Stop Accidentes en Ourense. Para Stop Accidentes é importante chegar a idades temperás cos valores da educación vial, é dicir transmitir esos valores cívicos, hoxe como peatóns, e no futuro como condutores concienciados e responsables. Traballan para xerar actitudes e hábitos seguros e responsables no campo da seguridade vial.
Dende o centro educativo, Concepción Arenal, levan a cabo actividades para concienciar e sensibilizar ao seu alumnado sobre condutas e hábitos responsables de seguridad vial dende idades temperás.