GENMA ATANES

Unha escola inclusiva

photo_camera Un grupo de alumnos acompañados pola súa profesora, na biblioteca do centro.

O Filomena Dato implica ás familias para que sexan partícipes e teñan peso nos proxectos e actividades desenvolvidas

Ser un centro incluisivo, no que as familias sexan partícipes e teñan un peso especial nos proxectos e actividades desenvolvidas durante todo o curso escolar. Este é unha das múltiples constantes nas que traballan no colexio Filomena Dato ano tras ano, co fin de brindarlle aos seus alumnos a mellor e máis completa das formacións académicas e persoais. Gemma Atanes, directora deste centro de ensino de Barbadás, nos fala dos proxectos, actividades e servizos cos que contan e tamén dos obxectivos que se marcan cada curso.

Que lle diría vostede a uns pais que están pensando no Filomena Dato para a formación dos seus fillos?
Que non o dubiden e que aproveiten xa este curso para matriculalos, que este ano poderán facelo do 1 ao 29 de marzo, ambos incluidos. Os motivos, moitos, xa que o Filomena Dato é un centro de ensino cunha ampla traxectoria, concretamente de 17 anos de experiencia que conta cun bo grupo de profesores, unha plantilla estable que é primordial á hora de formar aos alumnos. Tamén nos avalan uns moi bos resultados académicos que é importante ao igual que a estupenda convivencia que existe entre o alumnado e os demais membros da comunidade educativa.

Non deixades de traballar en proxectos novos e procurades adaptarvos aos tempos e ás demandas actuais. Este tamén pode ser un motivo de peso para apostar polo Filomena Dato?
De feito que sí. Estamos implicados en varios proxectos nos que curso tras curso traballamos con esmero. O Plambe está presente no noso centro dende o ano 2010 e, como novidade este curso, contamos cun Horto Escolar, no que aprenden e traballan todos os alumnos do centro en materias axeitadas ao seu nivel educativo. Tamén estamos inmersos no Plan Proxecta e en concreto este curso nun novidoso obradoiro denominado "Mobilidade sostible e segura", que consiste en que os nenos veñan ao colexio camiñando ou en bicicleta. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Barbadás, Tráfico, Protección Civil, a Policía Local, o propio colexio e os pais e nais.

Parece moi interesante, pero este non é a única actividade ou servizo no que contades coa colaboración do Concello e da ANPA.
Pois non. A verdade é que tanto a ANPA como o Concello de Barbadás colaboran moito co noso centro e gracias a eles podemos contar con boa parte das actividades e servizos que ofertamos neste colexio.

E cales son estes servizos cos que contades?
Dispomos de comedor escolar, con cociñeiro e axudante, que elaboran deliciosos e saudables menús con productos frescos e de calidade. Temos tamén o servizo denominado “Bos días cole e almorzos escolares”, cun horario de 7.30 a 9.15 horas, organizado polo Concello e a ANPA. Tamén contamos con servizo de gardería para o alumnado de comedor de 15.15 a 16.45 horas, xestionado polo Concello e cambio de roupa para o alumnado de Educación Infantil. A esto súmanse outros servizos imporantes como reforzo e inglés, subvencionadas polo Concello.

Estades inmersos no plan Proxecta e tanto as tecnoloxías como os idiomas son dúas das vosas prioridades.
Sí que o son, entre moitas outras. Contamos con sección bilingüe en 4º de Primaria con Educación Artística en inglés, oito aulas dixitais con pizarras interactivas e procuramos mellorar curso tras curso en estes dous aspectos que consideramos importantísimos na eduación actual.

As actividades extraescolares son outro dos vosos "fortes", cales destacaría?
Temos moitas cada curso, a oferta ademais de ser ampla é moi variada e todas están organizadas polo Concello e pola Anpa. Contamos con informática, xadrez, inglés, manualidades, patinaxe, psicomotricidade, xogando coa ciencia, baile moderno, etcétera…

Xa non quedan dúbidas, estudar no Filomena Dato parece unha garantía.
Buscamos brindarlle aos nosos alumnos a mellor e máis completa das formacións e por eso traballamos moito en aspectos que consideramos moi importantes. Todos os anos organizamos xornadas de Portas Abertas para que nos coñezan mellor e abrimos o prazo de matrícula do 1 ao 29 de marzo. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar