XORNAL ESCOLAR

Estupenda experiencia na tele

Os escolares de verín do colexio Princesa de España participaron, xunto ao seu director, nunha divertida actividade fóra das aulas coa que amosaron todo o que realizan no seu centro

O colexio Princesa de España de Verín estreouse no programa Xornal Escolar de Telemiño, unha experiencia que a bo seguro non esquecerán xa que o pasaron estupendamente, tanto no plató durante a gravación do programa, como días antes no centro de ensino a onde acudiron as cámaras de Telemiño para coñecer o centro, aos seus integrantes e todas as actividades que realizan os escolares do Princesa de España.

José Manuel Rodríguez, director do colexio, foi o concursante do programa e quen se someteu ás probas que lle presentaron os seus alumnos. José Manuel é ademais titor de 5º curso e profesor de Educación Física. Álex Vaamonde, Joel García e Érika Barbosa axudaron a Conchi Pérez nas labores de presentación do programa e demostraron ser uns verdadeiros expertos ante as cámaras de televisión.

Antes de comezar co concurso, presentouse un video do centro para que todos puideramos coñecer moito mellor este centro de ensino da vila do Támega. Foron os propios alumnos os que presentaron o seu colexio. Recibiron as cámaras de Telemiño na entrada do colexio e comezaron a presentación cos patios de recreo para continuar despois pola aula dos nenos de cinco anos e os escolares de 4º curso que nos cantaron unha canción. O percorrido levounos ao ximnasio e despois a coñecer á mascota do centro "Vella" que foi un regalo dos Reis Magos hai dous anos. Fomos tamén testigos dun experimento que estaban a facer un grupo de alumnos e despois coñecemos a aula de 3º onde dispoñen dunha pizarra dixital para compreder mellor as explicacións da mestra.

A biblioteca e a súa mascota "Fas" foron outro dos puntos onde nos detivemos, non sen antes coñecer o cartel que elaboraron para o desfile de Entroido co que se alzaron co primeiro premio. Para rematar o percorrido visitaron o comedor escolar, onde dispoñen de magníficos cociñeiros.

Antes de comezar puramente o concurso quixeron lembrarnos que no centro dispoñen dunha intérprete de signos a tempo total, Carolina, xa que no centro dispoñen de varios casos de nenos e nenas con dificultades auditivas. Carolina realiza unha magnífica labor para que os nenos teñan todos os recursos posibles para que a súa incomunicación non exista.

Comezou o concurso. José Manuel respondeu as tres tandas de adiviñanzas con moita simpatía e despois respostou a unha serie de preguntas de cultura xeral, do centro e persoais.

 ROUND 1   CANTO SABE?     

De onde é a capital Bruxelas?

- Bruxelas é a capital de Bélxica.

Cal é a escultura máis importante de París?

- Eu podo decir a que a mín me parece a máis importante: a a Victoria de Samotracia, que se atopa no Museo do Louvre.

 Cando se inaugurou a Estatua da Liberdade?

- Regálalla Francia aos EEUU para conmemorar o centenario da Independencia dos EEUU e se non recordo mal creo que se inaugura en 1886, aínda que a idea orixinal é que se inaugurara dez anos antes.

 ROUND 2   O NOSO COLE       

En que consiste o traballo dun director dun colexio?

- En teoría o director é o responsable de que todo funcione, pero á hora da verdade é un compañeiro máis, un coordinador e se todos facemos o que temos que facer o colexio funciona.

Que quere facer vostede co noso colexio?

- Podería falar horas. Fundamentalmente que vós estedes a gusto e que sintades que o colexio é voso e das familias. 

Gustaríalle que todos os alumnos aprobasen un exame aínda que se porten mal?
- Porque teño que elexir? Gustaríanme as dúas cousas. Os exames son importantes pero ser boa persoa é moi importante. 

 ROUND 3   A PERSOA  

Por que lle gusta a Educación Física?

- De pequeno gustábame xogar. Despois fixen Maxisterio e saíron os curso de Educación Física, unha boa oportunidade de traballar en algo que me gustaba, os deportes.

Que opina dos nenos que votan as cousas ao chan no colexio?

- Como xa dicía antes, gustaríame que todos sentiran o colexio como seu e creo que os que fan esas cousas aínda non o sinten como seu.

Desde pequeno gustoulle a ensinanza?

- De pequeno non porque estaba ao outro lado, pero sempre me gustou o contacto coa xente e esta profesión permíteo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar