XORNAL ESCOLAR

O Lauro Olmo, o centro máis grande do oriente ourensán

Alumnado 1.º ESO A_result
photo_camera Alumnado 1.º ESO A

Obradoiros, visitas culturais e excursións complementan as horas lectivas no instituto valdeorrés

Ao igual que o fixeron días antes os centro de Infantil e Primaria, os centros de Secundaria comezaron un novo curso escolar con moita ilusión.

Este é o caso do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, o centro de ensino máis grande do oriente ourensán que conta este curso con máis de 600 alumnos e alumnas. ESO, Bacharelato e Escola Oficial de Idiomas (inglés e francés) son as modalidades educativas que se imparten no centro, onde tamén destacan os ciclos medios de Coidados auxiliares de enfermaría, Atención a persoas en situación de dependencia, Perrucaría, Xestión Administrativa, Instalacións eléctricas, Mantemento de vehículos e mais o Ciclo Superior de Administración e Finanzas. 

A estas alturas do curso xa perfilan un ano cheo de actividades educativas e lúdicas para completar da mellor maneira posible as horas propiamente lectivas. O ano pasado un grupo de escolares deste centro participarou, por exemplo, nun obradoiro de portugués, unha iniciativa que foi todo un éxito e que se suma a moitas outras que organizan cada curso.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar