XORNAL ESCOLAR

Marabilloso entorno

20.01.16.COLES.CUDEIRO.COLEXIO MALVEDO.
photo_camera O centro educativo de Coles ten tres edificios rodeados de natureza.

No CPR MALVEDO, no concello de coles, teñen un marco incomparable, un entorno natural que contribúe  a mellorar a autoestima persoal de todo o alumnado do centro educativo

No CPR Malvedo traballa un grupo de profesores especializados en cada unha das materias que se imparten, cunha ampla experiencia docente e vocación pola ensinanza sen escatimar esforzos para a formación íntegra de todos os alumnos do centro educativo.

Tres grandes pilares caracterizan as directrices do equipo directivo: o amor, o respecto e a convivencia pacífica.

Como centro de ideario cristiano, o respeto á diferenza é o principal, nun ambiente que fomenta o compañeirismo, o espíritu de axuda e a integración.

O CPR Malvedo, no concello de Coles, en Ourense, está composto por tres edificacións: 
Un edificio principal, un hexágono con oito aulas con roupeiro e baños en seis delas, cada unha ten seis fiestras que dan luz e permiten observar a paisaxe. Neste edificio está a sala de reunións, a dirección do centro, biblioteca, a secretaría, salón de actos, baños e ximnasio cuberto.

No segundo edificio está a cociña, o comedor, futbolín, almacéns, as aulas de infantil, despachos, laboratorios, biblioteca e sala de ordenadores no terceiro piso.
Por último, no terceiro edificio están as aulas de música e tecnoloxía.

Os servizos que ofrece o centro son: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos), a Educación Secundaria obrigatoria (1º, 2º, 3º e 4º da ESO) e 1º E 2º de Bacharelato nas modalidades de Ciencias da Natureza e a Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.

Outros servizos que ofrece este centro educativo son: reforzos gratuitos en todas as asignaturas, estudos vixilados, cursos e campamentos de verán, campamentos de verán en inglés, gabinete pedagóxico, transporte propio con percorrido por toda a cidade e comedor con cociña propia e caseira totalmetne natural.

O centro ten como prioridade aos alumnos, e considera que todos poden aprender, cada un ao seu ritmo e de acordo coas súas características individuais. Preparan aos estudantes non só dende un punto de vista académico senón tamén dende un punto de vista persoal e social. 

No CPR Malvedo fomentan o traballo en grupo, o apoio educativo dentro do respeto á diferenza, a particularidade de cada un, a atención á diversidade e a organización flexible das ensinanzas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar